Josef Kaiser
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1954 (70 anos) Bač, Serbia (en) |
Actividade | |
Ocupación | escultor, debuxante, pintor, mestre |
Empregador | University of Applied Arts Vienna (en) |
Josef Kaiser (orixinariamente Josip Kaiser), nado en Bač, Voivodina, o 10 de marzo de 1954, é un escultor, gravador e deseñador de moedas austríaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Josef Kaiser fixo a súa educación secundaria na Escola de Artes Aplicadas de Split, daquela en Iugoslavia, entre 1968 e 1972. Este último ano trasladouse a Austria, onde comezou os seus estudos superiores na Universidade de Artes Aplicadas de Viena, onde se graduou en 1978, na especialidade de Escultura.[1]
En 1980 comezou o exercicio da docencia na mesma universidade,[2] onde ocupou diferentes cargos: profesor asociado do Instituto de Belas Artes (2000), xefe do Departamento de Debuxo de Espido (2000), decano da facultade (2004) e vicerreitor de Ensino na Universidade (2007).[1]
Ademais da súa produción arística como escultor, Josef Kaiser é un recoñecido deseñador e gravador de moedas. Logo dalgunha experiencia a mediados da década de 1980, o seu traballo máis popular son os anversos nacionais de Austria da serie completa de moedas en euros, desde a dun céntimo á de dous euros, que se comezaron a cuñar en 2002.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Josef Kaiser acadou nomerosos premios e recoñecementos, sobre todo polo seu labor como escultor, entre eles os seguintes:[1]
- (1981) Premio da Provincia da Baixa Austria.
- (1982) Premio do Festival de Viena.
- (1985) Premio Theodor Krner.
- (1990) Premio ao deseño artístico da Universidade BOKU, de Viena.
- (1994) Premio da Fundación Karl Anton Wolf.
- (2002) Cruz de Honra de Austria para a Ciencia e a Arte (1ª clase).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Josef Kaiser". Universität für angewandte Kunst Wien - Institut für Kunst und Technologie.
- ↑ "Kaiser, Josef Mag.art.". Universität für angewandte Kunst Wien.
- ↑ Moedas deseñadas por Josef Kaiser. Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josef Kaiser |